viernes, 27 de enero de 2017

Amigos (e bandidos) para sempre

Acabamos hoxe a lectura das Aventuras de Tom Sawyer.
Foi fascinante o libro, e agora queremos ver a película (e oíla!).
Ao final Huck non quería adaptarse a unha vida máis cómoda:
dormir nunha cama, vestirse mellor, levar zapatos, lavarse e peitearse non lle parece tan bo.
Prefería andar LIBRE.
Tom en cambio si que lle gusta esa nova vida, pero segue ideando novos plans:
tamén hai bandidos entre a nobleza!
Foi algo intrigante, este libro: fan varias travesuras pero ao final descúbrese todo.
Un bo corazón, unha boa amizade, a unión dun pobo e un pouco de picardía
son os ingredientes que fan desta historia un CLÁSICO.

jueves, 26 de enero de 2017

Huck tamén é un heroe

Tom e Huck vixían a Tom o Indio e aos seus compinches.
Mentres Tom marcha de excursión con Beckie, Huck queda encargado de vixiar.
Huck escoita como Joe o Indio planea roubar na casa da viuda Douglas e facerlle moito dano.
A pesar de estar morto de medo, Huck corre a casa duns veciños para advertirlles do perigo que corre a muller e consiguen salvala.


Tom e Beckie desaparecen e, unha vez máis, todo o pobo anda a buscalos.

jueves, 19 de enero de 2017

Tom é un heroe

Chegou o día do xuízo polo asasinato do doutor Robinson.
Tom non pode deixar que Muff Potter sexa condenado por un asasinato que non cometeu e dá a súa testemuña diante de todos, mesmo de Joe o Indio presente na sala. 
Cando Tom sinala a Joe o Indio como o verdadeiro culpable, este escapa saltando pola ventana.
Agora Tom é un heroe para todos, non só para Becky.

Despois de que Joe o Indio escapara Tom e Huck teñen medo de que veña para vingarse e, un día, mentres xogaban a buscar tesouros escondidos vólveno ver tentando agachar o botín dun roubo.

lunes, 9 de enero de 2017

Os remedios de tía Polly

Na última reunión do clube de lectura antes de rematar o ano continuamos coa lectura de Tom Sawyer. 
A tía Polly está moi preocupada porque Tom non é o mesmo de sempre, está triste. 
Ela procura axudalo empregando remedios que máis semellan torturas, como duchas de auga fría, aceite de ricino...

Tom, que segue moi triste, decide marchar da vila e faino cos seus amigos Joe Harper e Huckleberry Finn.
Van para a illa de Jackson e xogan a ser piratas. Estano a pasar moi ben pero Tom bota en falta a súa tía. 
Mentres tanto na vila todo o pobo está buscando aos tres rapaces desaparecidos e mesmo acaban por facerlles un funeral, ao que por suposto asisten.