viernes, 25 de noviembre de 2016

Presentámonos: di o teu nome e unha trastada

Comezamos hoxe o clube de lectura fácil deste curso na biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
Xuntarémonos a ler todos os venres ás 12 da mañá
Hoxe estivemos Elena, Víctor, Puri, Pepa, Miguel, Charo, Helena, Jesús e Concha. Para presentarnos dixemos o noso nome e unha trastada que fixeramos. Entre nós hai piratas, fumadores, bromistas, rompedores de exames e portas, e golfistas.
Aquí está o noso primeiro libro:

Coñecemos a Tom, a tia Polly, a Sid que son algúns dos protagonistas.
Polo de agora sabemos que a Tom lle gusta a mermelada, non lle gusta a escola  e tampouco pintar valos enormes. E coñece a unha rapaza loira e de ollos azuis que lle tira unha flor dende o xardín do xuiz Thatcher. Será este o comezo dun gran amor?