domingo, 11 de diciembre de 2016

Tom e Huck visitan o cemiterio

Este venres 9 de decembro estivemos na reunión do clube de lectura Elena, Helena, Jesús, Víctor, Puri e Pepa. Como houbo algunhas ausencias hoxe limos só dous capítulos o 7 e o 8.
Tom e Huck van o cemiterio co plan de sacar verrugas usando un gato morto e o cadáver dun home malo. O conxuro que pensan usar di así:
"Demonio, sigue al difunto; gato, sigue al demonio; verruga, sigue al gato".

Cando chegan alí van ser testemuñas do asasinato do doutor Robinson. Ademais ven como Joe o Indio faille pensar a Muff Potter que fora el o asasino.
Os dous nenos están mortos de medo.
Deciden facer un xuramento de sangue comprometéndose a non falar nunca do que viron esa noite.
Tom ten remorsos e lévalle comida ao cárcere no que xa está encerrado  a Muff Potter

miércoles, 7 de diciembre de 2016

Reunión do venres 2 de decembro

Nesta reunión démoslle a benvida a Nieves, unha nova lectora.
Leímos dende o cap 3 ata o 6 da novela de Mark Twain, Tom Sawyer.



Tom segue facendo das súas. Engana a todos para conseguir un agasallo, una biblia, pero coma sempre, descúbreno.
El fai propósito de portarse ben pero sempre acaba meténdose en líos. Na misa solta un escaravello que acaba provocando un alboroto.
Tamén descubrimos que o pobre Tom leva terribles malleiras na escola. Por sorte ningún dos lectores do club Lectura Fácil recordaba que lle pegaran na escola.
No capítulo 5 encóntrase co seu amigo Huckleberry Finn e fan plans para sacar as verrugas cun gato morto.
Tom dille a Becky que a quere pero Becky enfádase con él ao enterarse de que ela non era a primeira nena á quen Tom lle declara o seu amor.

viernes, 25 de noviembre de 2016

Presentámonos: di o teu nome e unha trastada

Comezamos hoxe o clube de lectura fácil deste curso na biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
Xuntarémonos a ler todos os venres ás 12 da mañá
Hoxe estivemos Elena, Víctor, Puri, Pepa, Miguel, Charo, Helena, Jesús e Concha. Para presentarnos dixemos o noso nome e unha trastada que fixeramos. Entre nós hai piratas, fumadores, bromistas, rompedores de exames e portas, e golfistas.
Aquí está o noso primeiro libro:

Coñecemos a Tom, a tia Polly, a Sid que son algúns dos protagonistas.
Polo de agora sabemos que a Tom lle gusta a mermelada, non lle gusta a escola  e tampouco pintar valos enormes. E coñece a unha rapaza loira e de ollos azuis que lle tira unha flor dende o xardín do xuiz Thatcher. Será este o comezo dun gran amor?